# Información (galego)

O Centro de Investigación en Terminoloxía e Tradución (Centre de Recherche en Terminologie et Traduction - CRTT) da Universidade Lumière Lyon 2 (Francia) ten a honra de organiza-lo IV Congreso Internacional de NEOloxía nas linguas románicas (CINEO) do 4 ao 6 de xullo de 2018. CINEO é un congreso dirixido a tódolos investigadores, institucións e organismos interesados pola neoloxía como reflexo da evolución e da vitalidade das linguas románicas, na súa unidade coma na súa diversidade. Despois de tres edicións, caracterizadas por un grande éxito (Barcelona en 2008, São Paulo en 2011 e Salamanca en 2015), a organización trasládase nesta ocasión a Francia, sendo Lyon a cidade escollida para anima-los intercambios entre as nosas linguas, entre comunidades de investigadores con centros de interese comúns.

Conservaranse as temáticas desenvolvidas nos encontros celebrados ata agora e tres conferenciantes plenarios aceptaron xa  a nosa invitación para participaren en CINEO 2018: Esme Winter-Froemel, profesora de Lingüística Románica na Universidade de Tréveris, Patrick Drouin, profesor de Lingüística na Universidade de Montreal, e Cecilio Garriga Escribano, profesor de Lingüística Española na Universidade Autónoma de Barcelona.

 

Propostas e organización

O comité de organización invita a tódalas persoas interesadas a presentar comunicacións sobre algún dos temas seguintes:

– aspectos teóricos da neoloxía

– recoñecemento e clasificación dos neoloxismos

– tratamento automático da neoloxía

– neoloxía terminolóxica

– a neoloxía en diacronía

– estudos contrastivos sobre neoloxía nas diferentes linguas románicas

– políticas lingüísticas e neoloxía

– aspectos sociolingüísticos da neoloxía

– aspectos cognitivos e comunicativos da neoloxía

– neoloxía e tradución

– neoloxía e creación literaria

– neoloxía e medios de comunicación

– neoloxía e redes sociais.

A data límite para a presentación de propostas de comunicación é o 15/11/2017. Os resumos terán que enviarse por medio da interface directamente accesible na páxina web do congreso (logo de se rexistrar ou de abrir unha conta Sciencesconf.org / HAL): <https://cineo2018.sciencesconf.org/user/submissions>.

Os resumos deberán redactarse na lingua románica utilizada para a presentación oral no congreso. Extensión do resumo: 500 palabras. Cada proposta será sometida a unha avaliación anónima. Antes do 01/02/2018 comunicaranse os resultados da avaliación a os autores da comunicación.

O congreso terá lugar no centro da cidade de Lyon, á beira do Ródano, no pazo Hirsch da Universidade Lumière Lyon 2 (18 quai Claude-Bernard, 69007 Lyon). As comunicacións estarán limitadas a unha duración máxima de 20 minutos, seguidos de 10 minutos adicados a preguntas/debate.

 

Publicación
 
- Publicación de doce comunicacións na revista internacional Neologica.
- Publicación en liña dunha amplia selección de comunicacións representativas das diferentes temáticas do congreso.
 

Comité organizador

José Carlos de Hoyos, Pascaline Dury, Sylvain Farge, Sandra Garbarino, Adrien Guille, Julie Makri-Morel, Cécile Poix, Vincent Renner, Adam Renwick, Jacqueline Saez, Corina Veleanu, María Belén Villar Díaz.

 

Comité científico

Giovanni Adamo (Roma), Ieda Alves (São Paulo), Maria Teresa Cabré (Barcelona), Margarita Correia (Lisboa), Patrick Drouin (Montreal), Rosa Estopà Bagot (Barcelona), Joaquín García Palacios (Salamanca), Cecilio Garriga Escribano (Barcelona), Xosé María Gómez Clemente (Vigo), Gloria Guerrero Ramos (Malaga), John Humbley (París), François Maniez (Lyon), Antoni Nomdedeu (Tarragona), Micaela Rossi (Génova), Jean-François Sablayrolles (París), Esme Winter-Froemel (Tréveris).

Personnes connectées : 1